top of page
Libro de resumos

Neste enlace poderedes descargar o Libro de Resumos do XI Congreso Internacional de Estudos Galegos - Bos Aires 2015, organizado pola Asociación Internacional de Estudos Galegos. Gracias a Gabriel Pérez Durán polo seu enorme traballo!!

 

 

Aviso aos participantes do XI Congreso da AIEG

A seguir indicamos algúns cambios de última hora no programa ou informacións importantes:

1. O Panel 1 “Culturas da autonomía: política, populismo e parodia”, coordinado por Helena Miguélez-Carballeira, non se celebrará o luns 6 abril ás 14 horas (como figura no programa). O novo horario para este panel é o MÉRCORES 8 de abril, ás 14 horas, na sala 600.

2. Durante os tres días de congreso, no IDAES (Paraná 145) haberá unha mesa informativa no 6º andar.

3. No edificio IDAES haberá conexión wifi. A rede é IDAES e o contrasinal é 40302010.

4. É importante que durante as actividades do IDAES se leve posto en todo momento, en lugar visíbel, a tarxeta identificativa de participante no Congreso da AIEG (que se entregará na bolsa con materiais, no momento de acreditación).

 

 

Mariola para armar

por Claudia López Barros

 

Francisco Fernández Naval, con la presentación de Francisco Lores y Antonio Rey, expuso en la Federación de Asociaciones Gallegas en Argentina, una particular biografía del escritor Julio Cortázar. Esta perspectiva singular se sustenta en el rastreo de marcas, huellas e indicios por medio de los que (re)construye la figura de un Cortázar ligado a Galicia, en un sentido amplio.
En líneas generales estas huellas transitan distintas relaciones personales que el escritor argentino entabló con figuras de exiliados gallegos de la talla de Luis Seoane, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste, entre otros. Pero principalmente "O soño galego de Cortázar" cobra un mayor espesor a través de Aurora Bernárdez, su primera mujer. Hija de inmigrantes gallegos y habiendo vivido en Galicia, realiza junto a Cortázar la vuelta a la tierra de la infancia. El deslumbramiento de él pasa en primer lugar por un paisaje no esperado que lo asombra y que lo invita a soñar con unos "cuarteles de primavera en Redondela".
Declaradamente "aurorista", Fernández Naval relata que es justamente Bernárdez quien le permite acceder al archivo personal en el que encuentra documentación epistolar y de imágenes que le permiten incorporar de una manera más exhaustiva a Galicia en el universo de Cortázar, ampliando la segunda edición de "Respirar polo idioma. Os galegos e Julio Cortázar".
Esta parte de ese universo sigue hoy vivo de diversos modos: en la lectura de sus libros, en el documental de Juan de la Colina "cortAZARgalicia" (2014), en el espacio "casa tomada" que los estudiantes universitarios han dado en construir.
Un universo que sigue abierto en las nuevas lecturas que liguen los textos con estas huellas de los lazos.

 

 

¡¡¡Benvidos asistentes do XI Congreso de Estudos Galegos da AIEG!!!

En bus, en avión, en ferry ou en coche, dende onte están chegando os relatores e asistentes do XI Congreso Internacional de Estudos Galegos, organizado pola AIEG. Benvidos!! Lembrade que tendes información sobre como movervos na cidade nesta mesma páxina e, no voso correo, hai teléfonos de contacto e referencias, por se as necesitades. BENVIDOS/AS!!! 

 

 

A literatura de viaxes, segundo Bárbara

Seguimos coñecendo a máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Bárbara Álvarez.

 

Son Bárbara Álvarez e nacín en Ourense, que fica a 600 quilómetros de Madrid, España.  Alí mesmo vivo e traballo no Instituto de secundaria como profesora de alemán, Vou estar en Buenos Aires porque me interesa moito a liña de política e cultura na que vou participar e levo un traballo que analiza a literatura de viaxes e a folklorización da cultura galega.

Nadia, e as emigracións galegas dos séculos XIX e XX

Coñezamos a máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Nadia De Cristóforis.

 

Chámome Nadia Andrea De Cristóforis. Nacín en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires que fica a 10.000 quilómetros de Galicia. Neste momento, vivo no barrio de Villa Urquiza e traballo como profesora na Universidade de Buenos Aires e como investigadora no Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas. Vou estar en Buenos Aires porque considero que o XI Congreso de Estudos Galegos vai ser unha excelente oportunidade de intercambio e debate entre quen estamos interesados nos temas relacionados con Galicia e vou coordinar un panel que analiza a inmigración galega en Buenos Aires e os seus vínculos co exilio da mesma procedencia. Neste panel participarán expositoras que elaboraron as súas tesis de mestría e doutoramento partindo da preocupación pola presencia galega na Cidade de Buenos Aires, desde unha perspectiva histórica.

Visitas non-tradicionais por Bos Aires

para os que xa estaredes coas maletas na man coma para os que vivides na cidade de Bos Aires dende sempre, achegámosvos esta información turística por ser xente do noso coñecemento que ofrece un prezo especial aos participantes deste congreso.
Se vos interesa, podedes contactar a Marie-Karine Manoli <karine@violetadeyapa.com> ou no seu mobil (54 911) 5853 2370 e tamén visitar a páxina www.violetadeyapa.com.

Boa viaxe para todos/as!

 

María de los Milagros chega dende o sur do sur

Coñezamos a máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, María de los Milagros Pierini.

 

Mi nombre es  María de los Milagros Pierini
Nací en la ciudad de Buenos Aires. Desde el año 1984 resido en la ciudad de Río Gallegos, capital de la Provincia de Santa Cruz. Soy docente en el Profesorado en Historia e investigadora en la Universidad Nacional de la Patagonia Austral, Unidad Académica de Río Gallegos. Mis líneas de investigación actuales son las comunidades migrantes y la historia de la educación en la Patagonia Austral. Recientemente he publicado, con el Lic. Pablo Beecher,  un libro sobre los españoles en Santa Cruz ( periodo 1884 – 1970) y del mismo surgió mi inquietud por presentar parte de ese trabajo en el Congreso de la AIEG.

Iolanda, Bos Aires como un lugar familiar

Temos ainda máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Iolanda Galanes.

 

Son Iolanda Galanes e nacín en Vigo, alí de onde saíu boa parte da emigración galega á Arxentina.
Malia os miles de quilómetros de océano que nos separan, desde cativa sinto Bs Aires como un lugar familiar, ao que ir ou, se cadra, ao que voltar. Teño a sorte de morar desde hai uns anos en Vigo, tras un periplo de emigración académica e laboral noutras latitudes no que moito aprendín. Actualmente son profesora no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo e investigo sobre a Terminoloxía e a Tradución en Galiza. Estou indo a Bos Aires ao IX Congreso da AIEG, porque non hai mellor lugar no mundo para falarmos sobre Xosé Neira Vilas e as súas Memorias dun neno labrego. Xa que Bos Aires é o lugar de nacencia deste long-seller galego en 1961, ben merecen, o fenómeno e a cidade, unha humilde achega académica sobre as súas traducións internacionais. Tamén teremos oportunidade de conversar sobre a literatura galega traducida no exterior e sobre as obras estranxeiras editadas en galego que, como pequenos graos de area, foron construíndo unha Galiza internacional. Esa Galiza que ten en Bs. Aires un facho cultural e un lugar ao que sempre queremos voltar en busca de luz.

Gimena e a lírica galego-portuguesa medieval na Arxentina
 

Máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Gimena del Río.

 

Chámome Gimena del Rio Riande, ainda que me din  Xime. Nacín en Bos Aires que fica a 10.000 quilómetros de Galicia. Neste momento, vivo en Bos Aires e traballo no Seminario de Edición e Crítica Textual do CONICET e dou seminarios sobre lírica medieval e edición de textos na Universidade de Bos Aires. Vou estar no Congreso da AIEG e aí vou coordinar un panel que analiza a recepción e circulación das edicións e estudos sobre a lírica galego-portuguesa medieval en Arxentina dende os anos corenta ata hoxe.

Ana, galega e galicianista

Seguimos coñecendo aos galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Ana Luna Alonso.

 

Chámome Ana Luna Alonso, ainda que me din AnaLuna, pensando que é un nome composto. Nacín en Lugo, aínda que vivín en Chantada ata os cinco anos e dende aquela son viguesa de adopción.

Traballei en Francia e nalgunhas vilas da costa galega antes de ocupar unha praza definitiva de profesora de tradución francés-galego no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Tradución da Universidade de Vigo

Vivo e traballo en Vigo dende hai case 20 anos.

Son a responsable do proxecto financiado pola Universidade de Vigo: Panorama e desenvolvemento da tradución en Galicia. En: http://www.bibliotraducion.uvigo.es/. As miñas principais liñas de investigación son o estudo dos fluxos de tradución e as políticas de tradución editorial.

Vou estar en Bos Aires para participar no congreso da AIEG, un evento que permite reunir a moitas persoas que se dedican a espallar os estudos galegos polo mundo e unha oportunidade para encontrar amigas e amigos que só vexo cada dous ou tres anos.

A miña contribución ten que ver co papel e o lugar que ocupan no campo literario as profesionais que traducen dende e cara ao galego.

Presentarei un panel coas miñas colegas da facultade (Áurea, Iolanda e Silvia) sobre as traducións realizadas dende e cara ao galego en formato libro dende os primeiros anos da democracia ata a actualidade.

Anna, de Kiel a Bos Aires

Coñezamos a máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Anna Lammers.

 

Chámome Anna Lammers. Nacín en Elmshorn, (Schleswig-Holstein, Kiel) que fica a 285 quilómetros de Berlín e a 1.781 de Galicia.

Neste momento vivo en Kiel e traballo para a cátedra do Sr. Gómez-Montero del departamento de Lenguas Románicas na Universidade de Kiel. Desenvolvo a miña tese de doutoramento centrada na análise da memoria da Guerra Civil e o franquismo na obra de Manuel Rivas, en concreto, no tratamento das memorias individuais e colectivas.

Vou estar en Bos Aires porque o meu campo de interese é a narrativa española e galega contemporáneas, sobre todo o estudo da literatura relacionada coa represión, o exilio e os traumas silenciados en Galicia. O meu traballo trata, pois, de analizar a literatura como traballo anamnésico atendendo, moi especialmente, aos portadores da memoria que aparecen retratados na obra do autor galego Manuel Rivas.

Programa definitivo do XI Congreso

Achegámosvos o Programa Xeral de actividades do XI Congreso de Estudos Galegos da AIEG. Esta é a versión definitiva e aquí tamén enlazamos unha copia para imprimir.

Rematou a inscripción como ouvinte ao XI Congreso

Moitas gracias a todos os interesados no XI Congreso Internacional de Estudos Galegos da AIEG. Ademáis dos 121 relatores, teremos 90 asistentes ouvintes que terán ocasión de asistir ás mesas e paneis, segundo a capacidade das salas. Se quedaches fóra, lembra que as Conferencias Plenarias e os Diálogos son abertos ao público.

Ruy e as moitas maneiras do exilio

Temos ainda máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Ruy Farías.

 

Chámome Ruy Farías. Nacín en Bos Aires, capital da República Arxentina, que fica a máis de 9.900 quilómetros da Parroquia de Marrozos, Concello de Santiago de Compostela, en Galicia, a terra dos meus devanceiros. Neste momento, vivo no bairro de Caballito, na mesma cidade de Bos Aires, e traballo como historiador no Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas, a Universidad Nacional de General Sarmiento e máis o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina. Vou estar en Bos Aires na data do Congreso, participando do panel “La Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina y el Museo de la Emigración Gallega en la Argentina: Política, Cultura, Memoria e Historia galaica en el país”, que ven a dar conta da labor política e cultural de ambalasdúas institucións a prol de Galicia, a súa comunidade emigrada na Arxentina e a cultura galega na República austral. Ademáis, son o coordinador doutro chamado “Migraciones y exilios gallegos en el Cono Sur: una mirada desde la Historiografía”, onde xunto a outras colegas historiadoras de Chile, Uruguai e Brasil imos analizar o desenvolvemento, ó longo das derradeiras décadas, dos estudos sobre as migracións e máis os exilios galegos nos nosos países.

Mariela e as novas formas de difusión da cultura galega

Coñezamos a máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Mariela Tilve Rouco.

 

Chámome Mariela Tilve Rouco. Nacín e vivo en Bos Aires que fica a 10.000 quilómetros de Galicia. Son licenciada en Comunicación Social; escribín o libro "El despertar de la conciencia gallega en Buenos Aires" que analiza a revista "Galicia Emigrante"  que Luis Seoane fundara e dirixera nos anos cincuenta en Bos Aires; participei de varias conferencias sobre a obra deste artista e intelectual galego e formo parte da Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega. Vou participar do XI Congreso de Estudos Galegos, coordinando un panel que mostrará as novas formas de difusión da cultura galega, por fóra das tradicionais sociedades e centros galegos, a través de agrupacións que se interesan pola literatura, a lingua, o teatro e o papel actual e histórico da muller emigrante.

Dosinda, de Mazaricos a Ohio e de Ohio a Bos Aires

Coñezamos a máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Dosinda Alvite.

 

Chámome Dosinda Alvite ainda que me din Dosy. Nacín en Baos, Mazaricos, A Coruña que fica a 60 quilómetros de Santiago, en Galicia. Neste momento, vivo en Granville, Ohio e traballo como profesora titular de castelán e estudos culturais na Denison University. Vou estar en Buenos Aires porque quero reconectas cos galeguistas e levo un traballo que refire á aculturación conflictiva dos emigrantes galegos na cultura popular arxentina.

Andrea, as letras da Galiza en Bos Aires

Coñezamos a máis galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Andrea Cobas Carral.

 

Chámome Andrea Cobas Carral. Nacín e vivo na cidade de Bos Aires que é a capital de Arxentina e fica a 10.000 quilómetros de Galicia. Traballo en varios lugares, dou clases e investigo sobre literatura arxentina e latinoamericana na Universidad de Buenos Aires, na Universidad del Cine e no Instituto de Enseñanza Superior en Lenguas Vivas.
Coordino xunto con Débora Campos o Ciclo Lectores galegos en Bos Aires no que, dende 2007, leemos, discutimos e analizamos literatura galega. Vou estar en Bos Aires no congreso da AIEG porque creo que é un evento de moitísima relevancia para poñer en contacto ós investigadores que teñen como obxeto de estudio as diversas disciplinas que pensan a cultura galega. Vou coordinar o panel “Galicia entre dos orillas: relatos e imágenes para pensar la identidad ”no que se analiza un conxunto de produccións publicadas en Arxentina durante o século XX que teñen como eixo a representación de Galicia e os galegos.

Susana vai estar en Bos Aires

Coñezamos a algúns dos galicianistas que serán parte do XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Hoxe, Susan Suhofenix.

 

Chámome Susana Hortensia Blanco Nigro, aínda que me din: Susan. Nacín en Bos Aires, Arxentina, no hospital do Centro Galego, que fica a 10.000 quilómetros de Galicia. Neste momento, vivo en Puerto Deseado, Santa Cruz, un pobo da Patagonia arxentina cara a 2099 quilómetros da capital do país e traballo na Casa Salesiana San José. Alí son mestra da primaria –cos nenos pequenos- profesora da secundaria –cos nenos mallores- e animadora dun grupo de exploradores. No meu tempo libre investigo sobre os primeiros inmigrantes galegos da Patagonia. Vou estar en Bos Aires porque amo a miña cidade natal e quero presumila cos meus amigos de fóra. Tamén porque o congreso para mín é a escusa para escoitar a moita xente que admiro e leo para os meus traballos; moitos deles, amigos prezados que non vexo hai tempo. Con algúns deles levo unha comunicación sobre a dinámica dun grupo de conversa galega que hai uns anos funciona en Bos Aires e, a título persoal, algunhas notas sobre a realidade da lingua galega e a galleguidade na actualidade na capital arxentina.

Apuntamento sobre o clima no outono de Bos Aires

O clima no outono porteño é moi variable. Xa que logo, é recomendable que os visitantes conten con roupas de verán e roupas de frio. E por verán falamos duns 30º e por frío falamos de 15º ou menos. É así o outono. Suxerimos un pantalón de jean, camisetas ou camisas, unha falda ou pantalóns de bermuda, e tamén un jersey consistente e unha chaqueta.

Esta é a páxina oficial do Servizo Metereolóxico Nacional coa previsión para a Cidade de Bos Aires

Coa axuda de
Co aval académico de
Materiais da AIEG
Directorio de  GALICIANISTAS
 

O presente directorio é unha listaxe exhaustiva de todas as persoas asociadas á AIEG que desexan facer públicos os seus datos académicos e áreas de interese investigador. A AIEG irá publicando actualizacións periódicas e faraas dispoñíbeis na web www.estudosgalegos.org
Se desexas facerte socia/o da AIEG e pasar a formar parte do ‘directorio de galicianistas’, escríbenos a estudosgalegos@gmail.com
Escríbenos tamén se detectas algún erro, ou se os datos incluídos neste directorio sofren algunha alteración no futuro.

 

 
Chamada a comunicacións para o XI Congreso Internacional da AIEG
 

En nome do comité organizador do XI Congreso da AIEG titulado “Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identitades na fronteira, emigración e exilio” (Bos Aires, 6, 7 e 8 de abril de 2015), comprácenos publicar a primeira circular do congreso. O prazo para presentar propostas de relatorios ou de paneis remata o vindeiro 24 de xullo. Agradecémosvos a vosa colaboración para contribuírdes á difusión do evento, reenviando esta información a aquelas persoas que poidan estar interesadas no evento. Para calquera cuestión relacionada co congreso: secretariaAIEG@gmail.com

 

ACTUALIZACIÓN: xa está dosponible a terceira circular premendo aquí

 
SO DE INTERESE PARA SOCIOS E SOCIAS DA AIEG: Ábrese o proceso de votación por correo para a directiva 2015-2018

O vindeiro 7 de abril terá lugar en Bos Aires a Asamblea Xeral Ordinaria da AIEG. Entre os puntos a tratar, inclúese a votación das candidaturas para a próxima presidencia da AIEG no trienio 2015-2018 e mais da sede de celebración do XII Congreso da AIEG no ano 2018. Todas as persoas asociadas á AIEG (ao día no pagamento das cotas) figuran no censo de electores que pode verse aqui, e por tanto poden exercer o seu dereito a voto en persoa na Asamblea. Con todo, de acordo cos artigos 7.4 e 7.5. dos Estatutos da AIEG, as socias e socios de pleno dereito que non poidan acudir á Asamblea poderán exercer o seu dereito a voto por correo postal.

 

A partir de hoxe e durante 3 días ábrese o prazo para reclamacións (ata o DOMINGO 15 DE MARZO). Por tanto, se algún socio ou socia (que estea ao día no pagamento das cotas) non atopa o seu nome nesta lista, debe poñerse en contacto con estudosgalegos@gmail.com de inmediato e sempre antes do día DOMINGO 15 DE MARZO. Unha vez conclúa este prazo, a AIEG terá a lista definitiva de electoras/es o día LUNS 16 DE MARZO que serán publicadas novamente nesta web do congreso.

ACTUALIZACIÓN. Este é o censo definitivo de socios/as habilitados para votar.

Cea de Camaradería do XI Congreso Internacional da AIEG

A Cea de Camaradería terá lugar o Martes 7 de abril ás 21 horas no Nacional Restaurante. O prezo da cea é de 37 euros e inclúe comida, bebida, postre, café e o espectáculo de tango a cargo de Esteban Morgado Cuarteto.
Como O Nacional Restaurante ten 85 prazas, estas serán ocupadas en estricta orde de reserva.
Para reservar, hai que escoller o segundo prato principal e mandar o formulario de reserva ao enderezo camposdebora@gmail.com O día luns 6 de abril, no momento da acreditación no Teatro Castelao, poderase pagar o importe da cea (en euros ou o equivalente en pesos) e recibir o talón de ingreso ao Nacional Restaurante.
Só poderá pagar quen teña feita a reserva mandando o formulario previamente. Logo de ocupadas as 85 prazas, farase unha lista de espera por se alguén decide, finalmente, non asistir. As reservas que non sexan pagadas no momento da acreditación caducan o luns ás 16 horas.
 

Directorio de Galicianistas 2015

Comprácenos publicar o Directorio de Galicianistas da AIEG actualizado a día 8 de marzo de 2015. Este documento recolle o nome daquelas persoas que, sendo socias/os da AIEG, desexan facer público o seu nome, datos de contacto e áreas de interese investigador.
Descargádeo aquí.

Inscripción con desconto ata o 31 de xaneiro

Para participar do XI Congreso de Estudos Galegos da AIEG é preciso completar este impreso e mandalo a tesoureriaAIEG@gmail.com 

A inscripción antes do 31 de xaneiro ten un importante desconto.

Presentamos o logo do XI Congreso

Presentámosvos o logo do Congreso 

Programa Xeral do XI Congreso da AIEG

Achegámosvos hoxe o Programa Xeral de actividades do XI Congreso de Estudos Galegos da AIEG. Publicaremos unha versións no mes de marzo cos cambios de último momento. 

Remata o 28 de febreiro o prazo para a inscripción

Se ainda non realizaches a túa inscripción no congreso, lembra que o prazo remata o 28 de febreiro. Antes desa data deberás ter enviado o formulario de inscrición e efectuado o pagamento da taxa de matrícula íntegra. Agradecemos tamén que nos confirmes canto antes a túa asistencia.

 

Chamado a presentar candidaturas 2015-2018

A AIEG ten o pracer de convidar aos seus socios e socias a presentar candidaturas para conducir os destinos desta entidade entre os vindeiros anos 2015-2018.  Todas as propostas recibidas, serán sometidas ao voto dos socios e socias na Asamblea Xeral convocada durante o XI Congreso, que terá lugar na cidade de Buenos Aires entre o 6 e o 8 de abril deste ano. Para presentar estas candidaturas e atendendo ao estabelecido nos Estatutos da AIEG, a documentación ten que ser enviada antes do 1 de marzo a estudosgalegos@gmail.com

Información importante para a preparación da viaxe

Desde o comité organizador do XI Congreso da AIEG, a celebrar en Bos Aires os días 6, 7 e 8 de abril de 2015, achegámoslle esta serie de documentos con información importante e necesaria para a organización da viaxe dos participantes. Tamén atoparedes datos sobre a maneira de desprazarse pola cidade de Buenos Aires, que ten unha superficie de 202 km2 , 48 barrios, seis liñas de metro e máis de 200 liñas de bus.  Finalmente, ofrecemos un tríptico para situarse na sede do Congreso, unha listaxe de hoteis suxeridos pola zona e un documento xeral con información turística, para complementar.

 

Tríptico informativo              Información sobre transporte       Hoteis              Información turística

       aquí e aquí                                      aquí                                    aquí                            aquí

 

Terceira Circular do XI Congreso da AIEG

Desde o comité organizador do XI Congreso da AIEG, a celebrar en Bos Aires os días 6, 7 e 8 de abril de 2015, congratúlanos achegarvos a terceira circular do congreso que contará cun socio académico destacado: o programa Lectura Mundi da Universidad Nacional de San Martín (UNSAM).

Esta terceira circular inclúe nova información importante sobre:

 

 

Pódese descargar premendo aquí

 

Programa de Bolsas para estudantes

Como parte da vontade da AIEG de facilitar a asistencia ao Congreso de Bos Aires a toda a comunidade galicianista, e moi en particular ao estudantado que realiza labores de investigación sobre liñas e temáticas relacionadas cos estudos galegos, desde a AIEG poñemos en marcha un programa de bolsas para estudantado, en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística e coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

 

O formulario pode descargarse aquí

 

 

Prorrógase o prazo para o envío de resumos

NOVO PRAZO: 30 de setembro de 2014

 

Nos vindeiros días difundirase a segunda circular do congreso. Nestes momentos estamos a traballar neste documento para poder incluír información sobre a sede do congreso, o programa de bolsas para estudantado, as conferencias plenarias confirmadas e a celebración dun Obradoiro centrado na figura de Avelino Díaz, e a páxina web do Congreso de Bos Aires 2015, entre outras novidades.

 

XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG)

O XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) terá lugar en Bos Aires os días 6, 7 e 8 de abril de 2015 (de luns a mércores). Tomamos esta decisión logo dun longo debate con socias e socios de distintos continentes, tratando de buscar as datas máis acaídas para toda a comunidade galicianista pero tendo moi en conta tamén as dinámicas académicas do país de acollida do congreso.

 

* Chamada a Comunicacións

Prorrógase o prazo para o envío de resumos

DERRADEIRO PRAZO: 12 de outbro de 2014

 

As propostas para relatorios deben enviarse antes do domingo 12 de outubro por correo
electrónico a secretariaAIEG@gmail.com incluíndo os seguintes datos:
 PANEL no que se inscribe a proposta (dos 6 anteriores)
 ttulo do relatorio,
 nome, afliación e correo electrónico do autor/a,
 resumo da proposta (máximo 300 palabras),
 5 palabras chave,
 5 referencias á bibliografa esencial,
 breve biografa do autor/a (máximo 100 palabras)
 información sobre o equipamento necesario (ordenador, proxector, audio, vídeo, etc).
 Todo isto, redactado en Times New Roman ou semellante, tamaño 12 e espazo 1,5.

 

Segunda Circular do XI Congreso da AIEG

Desde o comité organizador do XI Congreso da AIEG, a celebrar en Bos Aires os días 6, 7 e 8 de abril de 2015, congratúlanos achegarvos a segunda circular do congreso que contará cun socio académico destacado: o programa Lectura Mundi da Universidad Nacional de San Martín (UNSAM).

 

Pódese descargar premendo aquí

 

Obradoiro de estudos sobre poesía, xornalismo e activismo de AVELINO DÍAZ

Como parte das actividades académicas que se celebrarán durante o XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, terá lugar unha sesión sobre a figura e obra de Avelino Díaz, agrupada baixo o nome de OBRADOIRO DE ESTUDOS SOBRE POESÍA, XORNALISMO E ACTIVISMO DE AVELINO DÍAZ e coordinada polo profesor Benigno Fernández Salgado e o Grupo de Investigación ‘Avelino Díaz’, integrado por membros das tres universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña).

 

Máis información neste documento

 

A cidade de Bos Aires

Bos Aires (en castelán: Buenos Aires) é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños, mentres que o morador da veciña Provincia de Bos Aires é denominado bonaerense. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento.

X Congreso - Gales
Descarga de documentos do  X Congreso da AIEG (2012 - Gales)
Videos dalgúns relatorios do X Congreso da AIEG

Informámosvos de que na ligazón da Uvigo TV se pode ver unha selección dos relatorios presentados no marco do X Congreso da AIEG, que tivo lugar en Cardiff/Caerdydd (País de Gales), en setembro de 2012.  

 

A iniciativa foi froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a AIEG. 

 

Galería de imaxes do  X Congreso da AIEG (2012 - Gales)
AIEG

Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG)

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago de Compostela
(A Coruña)

teléfono: +34 981 957 202
Mail: estudosgalegos@gmail.com

  • w-facebook
  • Twitter Clean
bottom of page