


XI Congreso da AIEG - Buenos Aires
A realización do XI Congreso da AIEG na cidade de Bos Aires, en 2015, construirá un ámbito privilexiado no que poderán achegarse ás socias e socios da entidade tanto todos estes novos traballos desenvolvidos nas universidades, coma tamén os que rexorden no seo da propia colectividade, que quere volver a participar da reflexión e do debate dos grandes temas que interesan ao presente e ao futuro da Galiza.

Programa Xeral do Congreso
Achegámosvos hoxe o Programa Xeral de actividades do XI Congreso de Estudos Galegos da AIEG.

Información para
preparar a viaxe
Desde o comité organizador do XI Congreso da AIEG, a celebrar en Bos Aires os días 6, 7 e 8 de abril de 2015, achegámoslle esta serie de documentos con información necesaria para a organización da viaxe dos participantes. Tamén atoparedes datos sobre a maneira de desprazarse pola cidade de Buenos Aires, que ten unha superficie de 202 km2 , 48 barrios, seis liñas de metro e máis de 200 liñas de bus. Finalmente, ofrecemos un tríptico para situarse na sede do Congreso, unha listaxe de hoteis suxeridos pola zona e un documento xeral con información turística, para complementar.

Chamada a
comunicacións

A cidade
En nome do comité organizador do XI Congreso da AIEG titulado “Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identitades na fronteira, emigración e exilio” (Bos Aires, 6-8 de abril de 2015), comprácenos publicar a segunda circular. O prazo para presentar propostas de relatorios ou de paneis remata o vindeiro 30 de setembro Agradecémosvos a vosa colaboración para contribuírdes á difusión do evento, reenviando esta información a aquelas persoas que poidan estar interesadas no evento. Para calquera cuestión relacionada co congreso: secretariaAIEG@gmail.com
Bos Aires (en castelán: Buenos Aires) é a capital da Arxentina. Os seus habitantes denomínanse porteños, mentres que o morador da veciña Provincia de Bos Aires é denominado bonaerense. A cidade atópase situada na beira dereita do esteiro do río da Prata, fronte á cidade uruguaia de Colonia del Sacramento.