

Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos
Nas case tres décadas de existencia da AIEG, os estudos galegos viñeron a consolidarse como supradisciplina na que cada vez atopan acubillo máis eidos do saber. Nunha realidade social cada vez máis complexa e cambiante, a variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar 'Galiza'. Esta visión multidisciplinar vén propiciando colaboracións entre o ámbito académico, cultural, político e social radicado en Galiza con colegas que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas.
Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), o X Congreso da AIEG "Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos estudos galegos" busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.
Galería de imaxes










Descarga de documentos
-
LIBRO DE RESUMOS CARDIFF 2012 abrev
-
Cartaz X Congreso AIEG 2012
-
Programa do X Congreso (ultima version)
-
Getting around Cardiff and Cardiff Bay
-
Transporte e rutas a pé en Cardiff e Cardiff Bay
-
Convocatoria a obradoiro rosaliano
-
Accommodation Booking Form Galician Studies - Cardiff University
-
Aloxamento en Cardiff/Caerdyyd
-
Como chegar a Cardiff/Caerdyyd
-
Menú da cea oficial
-
Programa do Obradoiro de Estudos Rosalianos
-
Formulario de matrícula no Congreso